Número 25

Cando acudimos ás salas ultimamente para ver esas aventuras fantásticas, en galaxias lonxanas ou mundos imposibles, que nos transportan a ese emocionante momento da infancia, o descubrir a maxia do cinema por vez primeira; asistimos por momentos a outras memorias: o videoxogo primixenio, no que saltamos de plataforma en plataforma para rescatar princesas en pantallas que puñan a proba as nosas habilidades (no de pulsar botóns). En efecto, o videoxogo entrou na linguaxe cinematográfica... Ler máis

PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?

É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis