DETROIT, de Kathryn Bigelow

Sempre tiven unha certa admiración polos directores que, dentro da industria, conseguen recortar un espazo de autor esquivando os clixés do cinema máis comercial. Na actualidade, Kathryn Bigelow é quizais unha das mellores expoñentes dese grupo. Ademais, é unha das poucas mulleres cineastas recoñecidas dentro da industria estadounidense contemporánea. É unha No-(Wo)Man’s Land[1]. De feito, foi a primeira muller, xa no ano 2010, en recibir un premio Óscar como directora. Da... Ler máis

NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN

Nicolas Winding Refn púxose no mapa a nivel mundial coa súa penúltima película (Drive, 2011), pero antes de lograr certa relevancia mediática con aquel proxecto xa realizara oito longametraxes (unha delas para televisión) e varias incursións en publicidade e curtametraxes; o seu filme debut, Pusher, realizado cando contaba tan só con 24 anos, foi de feito unha adaptación en longa dun traballo case amateur que auto-financiou a modo de curta. Conviría con todo sinalar... Ler máis

DRIVE, de Nicolas Winding Refn

O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos como acepta un novo encargo. “E non poderás volver localizarme neste teléfono”, espeta ao seu... Ler máis