HAMADA, de Eloy Domínguez Serén

Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención de documentar ese espazo misterioso e rutineiro que é a noite para un empregado dunha gasolineira. En... Ler máis

DOC LISBOA 2017: DESCOLONIZAR A NOSA OLLADA

Nunca chegamos a ningures ceibes de prexuízos: temos a mente colonizada por discursos alleos, impostos, que damos por supostos. Non sabemos ren, mais temos opinións para todo. De onde xurdiron? Cómpre desconfiar desas ideas: conta máis inmediatas, máis sospeitosas. Mellor a dúbida que a certeza, a curiosidade que a seguridade, como ben sabe a equipa de programación do Doc Lisboa, encabezada polos seus directores Cintia Gil e Davide Oberto. Por iso, a competición internacional... Ler máis

RICARDO BENET: “OPTAR POLA CONGRUENCIA É O ÚNICO CAMIÑO POSIBLE, O DEMAIS É SÓ MERCADO”

Ricardo Benet (Cardel, Veracruz, México) é cineasta por convicción, arquitecto de carreira, cun posgrao de Historia da Arte en Florencia, e que ingresa no Centro de Capacitación Cinematografía (CCC / México) bordeando a trintena. Iníciase no cinema como fotógrafo (con máis de 20 curtametraxes e catro longametraxes), pero distínguese como realizador. Dirixiu cinco curtametraxes (tres de ficción e dous documentais) antes de debutar coa súa longametraxe Noticias lejanas... Ler máis