PROCESOS#20 – MIGUEL MARIÑO

“O CINE, NOS MUSEOS, É O IRMÁN PEQUENO” Miguel Mariño (A Coruña, 1977) é un explorador. Anda polo cinema á busca de novos camiños, vieiros polos que nunca camiñara, para ver ata onde é quen de chegar. Entrou no mundo do cinema como produtor, pero non tardou en desenvolver os seus propios proxectos. En 2008 gañou un “inmerecido” Mestre Mateo á mellor obra experimental por Nemo, unha serie de micropezas sobre o proceso creativo de dez pintores galegos. A partir... Ler máis

PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO

Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis

(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR

Nunha mostra na que o carácter performativo das sesións é o principal atractivo, a intervención no espazo resulta fundamental. Por iso as dúas primeiras edicións do (S8) Mostra de Cinema Periférico, celebradas no antigo cárcere d’A Coruña, tiveron algo máxico ou romántico, con certo pouso político. O pasado ano, o evento trasladouse forzosamente ao Centro Ágora, moi lonxe do centro da cidade, mal comunicado; edificio gris e sen personalidade, que restou impacto... Ler máis