RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis

PROCESOS 5 – CSO PALAVEA

AS ATOCHAS, BREVE HISTORIA DO PROXECTO QUE NUNCA REMATA O Centro Social Okupado da Casa das Atochas foi fillo dun grupo moi heteroxéneo de persoas, unidos por intereses comúns. Fronte a eles, estaba o problema da vivenda, a falta de lugares de reunión para a cidadanía, e as políticas urbanísticas baseadas só no enriquecemento, nunca cidade como A Coruña, onde existen 20.000 casas baleiras mentres hai xente a durmir nos caixeiros. Todos eles desexaban ofrecer unha alternativa... Ler máis

CHRIS MARKER: CONTRA A AMNESIA DIXITAL

Level 5 é, talvez, a última película que propiciou un xiro radical na obra de Chris Marker. A partir dela o realizador abandonou en grande medida o cinema e o vídeo analóxico para explorar o mundo dixital e a rede. Do mesmo xeito que Laura, a fantasmal protagonista do filme, o realizador converteuse nunha presenza espectral que só se comunica co mundo a través dunha computadora e mediante a asimilación de distintas personalidades. A proliferación de varias identidades... Ler máis

COMPAÑERO FEDERICO GARCÍA

Conhecimos a Federico García aló polo ano 2000 quando veu a Galiza invitado polos COSAL-Galiza para apresentar a sua película El Amauta, biografía do intelectual marxista peruano José Carlos Mariátegui. Conhecimo-lo como cineasta mas sobre todo como activista político. Na sua cinematografia ambas actividades som umha soa, indivisível. O cinema de Federico García segue, em muitos sentidos, o modelo prototípico do cinema militante americano: nel temos a urgência política,... Ler máis