URXA, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal

 O 24 de novembro de 1989, no Teatro Cine Fraga de Vigo, tiña lugar a estrea pública de Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, durante a segunda xornada daquel fito histórico chamado Cinegalicia. Tal e como apuntaban algunhas crónicas do momento, o filme partía dende o inicio como o “patiño feo” (Acuña, 1989) da selección, e pasou relativamente desapercibido en comparación coas outras dúas longametraxes que conformaron o programa... Ler máis

TRINTA LUMES, de Diana Toucedo

Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis

JOURNEY E O DIÁLOGO ENTRE OS VIDEOXOGOS E O CINEMA

A xente viaxa e asómbrase ante a altura das montañas, ante as enormes ondas do mar, ante os longos cursos dos ríos, ante os vastos límites do océano, ante o movemento circular das estrelas, e pasan por diante de si mesmos sen sorprenderse. San Agustín de Hipona ‘The Stanley Parable’, un dos xogos máis representativos da nova narración emerxente. A débeda dunha xeración Ás veces unha xeración ten unha débeda co seu século pola cal asiste, cunha estraña... Ler máis