SHORT STAY, de Ted Fendt

Entre os grandes acontecementos do 2016 para o cinema, o nacemento do festival Novos Cinemas ocupa unha parte importante. A cita, que celebrará a súa segunda edición no mes de xuño deste ano, convértese nun novo lugar onde poder gozar do mellor e máis independente cinema: sempre que sexa unha ópera prima. Co estímulo deste “requisito”, a cita conseguiu encher a cidade de Pontevedra de filmes da altura de Dead Slow Ahead (Mauro Herce, 2015) ou John From (João Nicolau,... Ler máis

BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES

A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse nun barrio afastado e pobre para non chamar a atención mentres sanda as feridas provocadas nun traballo... Ler máis

RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO

O verán. Tempo para o lecer e o pracer, para saír da casa e saír dun mesmo, para cruzar fronteiras sen ollar atrás. Mágoa que nesta década, con máis de cinco millóns de parados no estado e un mercado laboral moi precarizado, onde o único traballo posíbel semella ser a prestación puntual de servizos, moitos teñamos que ficar na casa, sen cartos nin xeito de conseguilos, vivindo da caridade familiar e dos convites dos amigos, como lle ocorre, en parte, aos tres amigos... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (II/III): INTERNACIONAL, BIEN SÛR

Esta crónica segue desta primeira parte. Sigue noutra dedicada á sección Labo. __________ ‘A Million Miles Away’ adapta á linguaxe cinematográfica modos de comunicación propios da mocidade. Na sección internacional, vemos a mesma diversidade, sendo a ficción imperante, fronte á animación e o documental. Neste rexistro, atopamos catro grandes vertentes, diría que bastante representativas da produción mundial de curtas, logo de pasar un ano vendo centos... Ler máis