FESTIVAIS DE CINEMA: UN MODELO A CAMBIAR

Foto: Daniel Gallego En paralelo ás proxeccións que o Festival de Cinema de Ourense programou na cidade durante 7 días, lugares coma o Café Pop Torgal, un dos epicentros culturais da cidade, acolleron diferentes presentacións, performances e debates. No ecuador do festival, Fran Gayo, director artístico do OUFF, moderaba unha mesa redonda sobre festivais de cinema que pretendía, non tanto solucionar un modelo que semella estar a quedarse obsoleto ou descompasado cos tempos,... Ler máis

RENOIR, de Gilles Bourdos

Renoir Vs. Renoir Nos días da Primeira Guerra Mundial, un ancián move un pincel entre os seus dedos artríticos baixo a etérea luz da campiña francesa. A vila é Cagnes-sur-mer, situada na Costa Azul, e o ancián non é outro que Pierre-Auguste Renoir. O mestre impresionista loita por non perder o seu espírito creativo fronte á súa doenza, ao falecemento da súa amada esposa Aline e á marcha da súa principal musa, Gabrielle Renard, mentres que os seus dous fillos maiores,... Ler máis