COLOSSAL, de Nacho Vigalondo

Producida no 2016, Colossal (Nacho Vigalondo) tardou un ano en conseguir distribución en España a pesar dos máis de 3 millóns de dólares recadados en EUA e de contar cunha estrela do talle de Anne Hathaway entre o elenco. A historia, que combina romance e trazos que lembran a filmes da saga Godzilla, agocha no seu interior unha realidade monstrosa e dura que cómpre dixerir e analizar. Cando Gloria rompe co seu mozo, volver ao fogar da súa infancia semella a mellor opción... Ler máis

CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS

As estrelas, estrelas son, non importa a categoría da arte á que pertenzan. O público da sesión de medianoite de onte no Gran Teatro Lumière acolleu con entusiasmo a estrea de Gimme Danger (2016), dirixida por Jim Jarmusch, que entrevista á lenda do rock Iggy Pop. Máis que un retrato persoal sobre a súa figura, trátase dunha volta ao tempo dos Stooges dende o relato do seu solista, único membro aínda vivo dunha banda que revolucionara o rock dos anos setenta. O documental... Ler máis