CURTOCIRCUITO 2018: O MAPA E O TERRITORIO

Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis

O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Mónica Delgado impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. “O golpe fresco de Wavelenght, de Michael Snow, estaba en ver a tantos novos actores -luz e espazo, paredes, ventás en aumento, e un número sorprendente de variacións de cor e sombra que viven e morren nos vidros das fiestras- volverse compoñentes estéticos principais da experiencia cinematográfica”1, dixo Manny Farber, en ArtForum en 1970,... Ler máis

PROCESOS #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis

O CINEMA DE MARCOS NINE

“SE ENTENDES AS CLAVES DA REALIDADE, SERÁ A TÚA ALIADA PARA CONTAR O QUE QUERES” ·  Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) é un tipo que esquiva as etiquetaxes. Escribiu guións para as series Mareas Vivas, Terras de Miranda e As leis de Celavella. Púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige en Carcamáns e, daquela, recibiu a única etiqueta que lle serve realmente, a de documentalista. No xénero do documental afondou con obras... Ler máis