DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

JET LAG, de Eloy Domínguez Serén

Xa dende o seu mesmo título, Jet Lag sitúanos na demora, no tempo desprazado que se sinte distinto, alleo. Unha película que se propón acompañar un empregado de estación de servizo perdida nunha carreteira secundaria durante as longas horas que dura a quenda de noite. Un home da cámara (Eloy Domínguez Serén) e unha muller do micro (Beli Martínez, tamén produtora) que aparentemente se propoñen observar e escoitar, sen máis; agardar, na liña do documental observacional... Ler máis

JAMES COLEMAN – EXPOSICIÓN NO REINA SOFÍA

1 Box (ahhareturnabout) (1977) Box é probablemente a primeira obra de Coleman con que se topa o espectador que visita a exposición. De ser o caso, o achegamento á mesma é especialmente propicio: Box está situada na Sala de Bóvedas, e no seu descenso o visitante entrará primeiro en contacto cun audio moi atmosférico. Non é parte da norma que as películas de Coleman leven son (ningunha outra das apuntadas o fai), e niso Box conecta máis co uso forte que se dá nas súas... Ler máis