THE HUMAN VOICE, de Pedro Almodóvar

Vin formigón e plástico e moito vermello, moito vermello.  E presenciei a dor, a desesperación, a rabia, o odio, o amor, a resignación e o esforzo por quererse a unha mesma outra vez e empezar de novo e saír adiante. E sorrín, e púxoseme o corazón brando e atopei o cine, o cine alí dentro metido. E admirei cada plano, e quixen poder parala e volver vela e poñela amodo e poder ver todo outra vez, mil veces. Porque todo é especial e fermoso, e del, e dela, á súa maneira,... Ler máis