LA FLOR, de Mariano Llinás

La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis

CANNES 2018 EP. 2: JAIME ROSALES CONQUISTA NA QUINCENA

Jaime Rosales, unha das participacións españolas na Quincena dos Realizadores, sorprendeu cando dixo que ía filmar Petra (2018), unha sorte de traxedia grega posta ao día que contaría no elenco con Alex Brendemühl, con quen xa traballara na súa ópera prima, Las horas del día (2003), e con Bárbara Lennie como protagonista. Dende esa película inicial, tamén estreada en Cannes, o barcelonés tense caracterizado por desenvolver historias de corte social, ás veces con... Ler máis

IN-EDIT 2014: ENTRE A FORMA E O CONTIDO

Nas cancións de Dexys a forma é tan impresionante, está tan cuberta de épica, de melodías e arranxos perfectos, que pode esconder o contido que hai no seu soul único. Kiko Amat explicou antes da proxección de Dexys: Nowhere is Home (Kieran Evans e Paul Kelly, 2014) que ao pasar desa superficie preciosa se chegaba a unha verdade profunda, a unha obra que fala de expiación, de confesar os demos máis íntimos. A obra de alguén valente por amosarse sen escudos e por sacrificarse... Ler máis

GOD HELP THE GIRL, de Stuart Murdoch

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014. Concerto de Belle & Sebastian na Praza da Quintana. O setlist, unha escolma de grandes éxitos moi ben dosificada (escolleron como dous singles de cada álbum, máis ou menos) amplificaba o carácter culminante e transcendental do evento para o moderneo local. Unha actuación tecnicamente irreprochable, con numerosos momentos climáticos que golpean as teclas sentimentais axeitadas. E porén, algo non acaba de casar cando, aínda... Ler máis