ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

ALDEMAR MATÍAS: “INTENTO CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A REALIDADE XURDA MENTRES FILMO”

Aldemar Matias (Manaus, 1985) é un cineasta brasileiro formado nos Baños de Cuba. A súa curtametraxe de fin de carreira, El enemigo, competiu en Sección Oficial de Visions du Réel e foi premiada no Festival de San Sebastián e en DocumentaMadrid. Tralo seu paso pola Berlinale Talents, acaba de estrear La arrancada, a súa primeira longametraxe, na sección Panorama da Berlinale. Para a túa primeira longametraxe estiveches a explorar diferentes temas, concretamente un proxecto... Ler máis

MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS

Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis

LADY BIRD, de Greta Gerwig

Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis