COSTA DA MORTE, de Lois Patiño

Un inmenso bosque que se ergue na brétema. O cruxir das árbores que caen e baten os seus pesados troncos contra o chan. O son dunha serra de fondo. Así comeza Lois Patiño o seu filme, Costa da Morte (2013), adentrándonos na paisaxe máis profunda da Galiza, unha paisaxe na que o home se tenta abrir camiño, unha natureza á que se aferra e coa que tamén pelexa, na que vive e da que tamén subsiste. É que foi o capricho das ondas do mar o que achegou o barco ateigado de... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis

SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO

Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante á hora de amosar a relación entre a paisaxe e o home nalgunhas das súas obras. En case todas elas,... Ler máis