A NATUREZA EN LOVELESS
Tras xa case dous anos da súa estrea en festivais, Loveless (2017) do director ruso Andrey Zvyagintsev, é unha desas películas que saben calar no espectador e adentrarse na súa moral. A película fala con frialdade e dureza dunha relación sustentada sen amor, a punto de romperse e das consecuencias que iso trae aos tres membros que conforman esa familia. É unha crítica á condición humana do individualismo e á deshumanización colectiva dunha sociedade rusa que, segundo... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2018: JESSICA SARAH RINLAND: BALEAS E BALEAS
Na última edición de Curtocircuíto, Jessica Sarah Rinland gañaba o premio á mellor película da sección Explora con Ý Berá – Aguas de Luz. A categoría, cuxos xurados premiaran no pasado a nomes coma Tomonari Nishikawa ou Sebastian Mez, apostaba agora por unha cineasta presente en anteriores edicións de Curtocircuíto e cuxa obra adquirira un prestixio crecente tras o seu paso por festivais e despois de colaborar con institucións como o M.I.T, Harvard, a Locarno Filmmaker’s... Ler máis
LA VIDA LLIURE, de Marc Recha
“Lémbrome del como se fose onte, a arrastrar os pasos até a porta da hospedaría, e do cofre que o seguía nunha carreta; alto, forte e pesado, era un home acastañado; o cabelo oleoso caíalle nos ombros do abrigo azul sucio; as mans encalecidas e cubertas de cicatrices, as unllas negras e rachadas, e a marca do golpe de sabre a través do rostro era dun branco sucio e lívido”. Así rememora Jim Hawkins o momento en que a súa vida se cruzou por vez primeira coa de Billy... Ler máis
COSTA DA MORTE, de Lois Patiño
Un inmenso bosque que se ergue na brétema. O cruxir das árbores que caen e baten os seus pesados troncos contra o chan. O son dunha serra de fondo. Así comeza Lois Patiño o seu filme, Costa da Morte (2013), adentrándonos na paisaxe máis profunda da Galiza, unha paisaxe na que o home se tenta abrir camiño, unha natureza á que se aferra e coa que tamén pelexa, na que vive e da que tamén subsiste. É que foi o capricho das ondas do mar o que achegou o barco ateigado de... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA
Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis
SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO
Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante á hora de amosar a relación entre a paisaxe e o home nalgunhas das súas obras. En case todas elas,... Ler máis
JEAN PAINLEVÉ: MICROCINE SUBACUÁTICO
Na obra teatral Obediently Yours, Orson Welles1, do dramaturgo Richard France, un Welles septuaxenario e fatigado argumenta con soberbia a súa decisión de prescindir do seu primeiro nome de pila (George) no seu nome artístico: “imaxinan Pygmalion asinada por un tal George Shaw?2 Ou a alguén chamado George que fose guionista e director en Hollywood, actor de cine e de teatro, produtor e director en Broadway, comentarista de radio e televisión, escenógrafo, debuxante, violinista,... Ler máis