DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis

HEISE, FRAGMENTOS DA RDA

Que debe facer un libro nado dunha retrospectiva nun festival? Deixar testemuño do que foi o ciclo ou complementalo cunha lectura das películas e realizar un convite a visionalas para aqueles que non puideran asistir ao evento? Semella máis construtivo e estimulante o segundo. Habitualmente, atopámonos máis ben co primeiro, unha amalgama de recensións apresuradas, sen moito pensamento e pouca claridade. Dende Punto de Vista quixeron facer as cousas ben, pero encargar 200... Ler máis