CRÍTICA E PROGRAMACIÓN EN FESTIVAIS

Ler a versión orixinal deste artigo en portugués Os dous elementos que caracterizan, de xeito máis determinante, a programación dun festival de cinema, independentemente da súa definición particular de xéneros ou duracións, refírense, ante todo, á temporalidade. Dunha banda, un festival establece unha relación directa cunha certa noción de contemporaneidade, que analizaremos deseguida. Doutra banda, un festival celébrase nun espazo curto de tempo, aínda que tamén... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)

  É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis