“QUERÍA MOSTRAR QUE ESTAS SEÑORAS MARIÑEIRAS PODEN SER AS PROTAGONISTAS DUN THRILLER”

Entrevista en tempos do coronavirus. Por insistencia deste xornalista, prodúcese en persoa nunha coñecida cafetería compostelá; iso si, máscaras mediante. O encontro é con Paula Cons, que estrea este venres 24 de xullo en Filmin A illa das mentiras (2020), unha ficcionalización do afundimento do Santa Isabel en 1921 na illa de Sálvora, onde unhas mariñeiras salvaron 48 persoas de se afogar en circunstancias hoxe aínda sen esclarecer de todo. A fita, con importantes... Ler máis

A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’

   O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata dun longo travelling de dous minutos que ten lugar dende o inicio da rúa de San Bieto, a ruela que... Ler máis