LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE

Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos non fosen estimulantes –aí non perderon un ápice da súa procura de novos camiños para o cinema–... Ler máis

SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI

O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis