Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro

Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos dun país convulso, descomposto, e do tránsito consecuente da súa poboación e as novas cotiandades... Ler máis

13ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: AIRES NOVOS

Fotografía: Denís Estévez Nesta edición a MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) volve traer á cidade compostelana as miradas que atravesan o globo cheas de incertezas, demandas, reflexións -mundanas e espirituais-, recordos… As películas presentadas este ano traen novidades tanto a nivel nacional como nas salas galegas, cumprindo de forma notoria coa súa calidade de espazo de exhibición. A Sección Oficial do MICE achegaba doce películas de tres continentes... Ler máis