CAMBORDA X ENCISO (II)

(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha maneira, ocultaba certas cousas, facíalles traballar desde algo inasible, pero modelábamos moito... Ler máis

EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN

O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis