BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA
No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis
CINEMA E EDUCACIÓN EN FRANCIA
Le aquí o texto na súa versión orixinal francesa Francia é aínda hoxe, indiscutiblemente e a pesar dunha recente regresión, o país onde existe a tradición máis antiga e a máis desenvolvida entre o cinema e o sistema educativo. As razóns son evidentemente históricas e políticas. É unha longa historia que se orixina na Segunda Guerra Mundial, onde os comunistas e os católicos combateron xuntos na Resistencia. Ao saír da guerra, pensaron que unha educación popular... Ler máis
O CINEMA DE ÁNGEL SANTOS TOUZA
(1) Ángel Santos Touza (Marín, 1976) é un tipo discreto, pouco amigo de alardes. Pese aos eloxios que os observadores externos lle dedican ao seu traballo, amósase máis disposto a falar dos seus erros que dos seus acertos, baixo o impulso dun afiado perfeccionismo. É un implacable autocrítico, que o pasa mal ao sentarse a ver os seus filmes, xa rematados, pero iso non lle impide seguir a avanzar, na procura de facelo mellor, de chegar a crear algo co que estea verdadeiramente... Ler máis
GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS
Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar: Pensar entre imágenes. Conversaciones, entrevistas, presentaciones y otros fragmentos, editado... Ler máis
