UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS

Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis

ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA

Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis

CINEMA E EDUCACIÓN EN FRANCIA

Le aquí o texto na súa versión orixinal francesa Francia é aínda hoxe, indiscutiblemente e a pesar dunha recente regresión, o país onde existe a tradición máis antiga e a máis desenvolvida entre o cinema e o sistema educativo. As razóns son evidentemente históricas e políticas. É unha longa historia que se orixina na Segunda Guerra Mundial, onde os comunistas e os católicos combateron xuntos na Resistencia. Ao saír da guerra, pensaron que unha educación popular... Ler máis

O CINEMA DE ÁNGEL SANTOS TOUZA

(1) Ángel Santos Touza (Marín, 1976) é un tipo discreto, pouco amigo de alardes. Pese aos eloxios que os observadores externos lle dedican ao seu traballo, amósase máis disposto a falar dos seus erros que dos seus acertos, baixo o impulso dun afiado perfeccionismo. É un implacable autocrítico, que o pasa mal ao sentarse a ver os seus filmes, xa rematados, pero iso non lle impide seguir a avanzar, na procura de facelo mellor, de chegar a crear algo co que estea verdadeiramente... Ler máis

GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS

Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar: Pensar entre imágenes. Conversaciones, entrevistas, presentaciones y otros fragmentos, editado... Ler máis