CAROL, de Todd Haynes

Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da cultura popular e o seu interese militante por temáticas feministas e/ou queer. Amais, de momento,... Ler máis

ALBERT SERRA (LA NOVEL·LA, NO EL CINEASTA)

Nunha das máis de 600 citas que compoñen Reality Hunger de David Shield podiamos ler algo así: O motor da ficción é a narrativa, o motor do ensaio o pensamento. Nunha contamos, noutro recordamos. En Albert Serra (la novel·la, no el cineasta) Albert Forns combina de xeito maxistralmente humorístico a reflexión e a información coa imaxinación. Por iso o lector cinéfilo que busque un libro monográfico ao estilo Catedra ou Dirigido por sobre o polémico cineasta español... Ler máis