SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (1)

O cine francés máis refrescante do ano adoita atopar o seu espazo nas Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Este ano tiña bos representantes: 9 doigts (9 dedos, F.J. Ossang, 2017), Les garçons sauvages (The Wild Boys, Bertrand Mandico, 2017) e Ava (Léa Mysius, 2017). Comenzaremos polas dúas primeiras porque se compararon moito no festival. Ambas as dúas están filmadas en branco e preto cun estilo máis ou menos similar, as dúas contan parte da súa historia... Ler máis

SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI

O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis

LAS ALTAS PRESIONES, de Ángel Santos

Se hai un tema que atravesa toda a obra de Ángel Santos, ese é o sentimento amoroso. Dende A. (2002), boa parte das súas ficcións se teñen interrogado polos diferentes estadios do namoramento. Ben se trate da sensación de suspenso nunha relación esgotada (A.), do descubrimento do primeiro amor na adolescencia (Septiembre. Los amores jóvenes, 2003), da súa natureza obsesiva (Sara y Juan, 2009), a ruptura (Dos fragmentos/Eva, 2011) ou o cortello (Las altas presiones, 2014).... Ler máis