EQUIPA

A Cuarta Parede nace para falar da nosa paixón (o cinema de autor) na nosa lingua (o galego). As seis seccións que compoñen a revista, que sairá cunha periodicidade irregular cada 6-7 semanas, definen as nosas liñas de acción. Mentres que PANTALLAS se encarga de promover o debate sobre o último cinema que se move nos círculos cinéfilos máis aló das salas comerciais, unha sección como ZOOM IN entrega artigos en profundidade de temas concretos e máis traballados, que... Ler máis