UN LUSTRO DE CINEMA

Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis

O ESPECTÁCULO DA VIDA

O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis

NÚMERO 24

En menos de dous meses cumprimos catro anos de andaina. Neste tempo, publicamos máis de 450 textos sobre filmes de todo tipo e épocas, anque sempre atentos á actualidade. As películas do lustro 2010-2014 son así as que máis espazo veñen ocupando nos nosos artigos. Por iso, agora que o ano en curso chega á súa fin, decidimos que desta volta tiñamos a oportunidade de facer repaso a todos os títulos que teñen marcado A Cuarta Parede e, a través deles, reflexionar sobre... Ler máis