“STELLA CADENTE É UN FILME DE ÉPOCA VISTO DENDE UNHA PERSPECTIVA ROCKABILLY E SEXI”

Luís Miñarro (Barcelona, 1949) estreou o pasado 27 de xaneiro no Festival Internacional de Cinema de Róterdam a súa primeira longametraxe de ficción: Stella Cadente. Unha première mundial dentro da Sección Oficial do certame (Tiger Competition) que contou coa presenza de Àlex Brendemühl e Lola Dueñas. O filme abarca o período no que Amadeo Fernando María de Saboia reinou (ou o tentou) en España (1870 – 1873). Máis coñecido como Amadeo I ou o “Rey Caballero”,... Ler máis

MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”

Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis