CURTOCIRCUÍTO 2018: ROBERTO MINERVINI, A VIDA NAS MARXES

“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.”  ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis

COLUMBUS, de :kogonada

Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis

JET LAG, de Eloy Domínguez Serén

Xa dende o seu mesmo título, Jet Lag sitúanos na demora, no tempo desprazado que se sinte distinto, alleo. Unha película que se propón acompañar un empregado de estación de servizo perdida nunha carreteira secundaria durante as longas horas que dura a quenda de noite. Un home da cámara (Eloy Domínguez Serén) e unha muller do micro (Beli Martínez, tamén produtora) que aparentemente se propoñen observar e escoitar, sen máis; agardar, na liña do documental observacional... Ler máis

PROCESOS#21 – ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquelo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar a Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde Pettring. Viaxa, indaga, aprende e tamén ensina. Filma a única hora de luz que os habitantes de Fauske... Ler máis