CANNES DÍA 4: PARK CHAN-WOOK E MAREN ADE DIVIDEN

Cuarta xornada en Cannes e os ánimos non podían estar tan divididos. As dúas últimas películas da sección oficial, The Handmaiden (Park Chan-wook, 2016) e Toni Erdmann (Maren Ade, 2016) están a fomentar nos pasillos do Palais un intenso debate. Para nós, a única que lles fai sombra é a de Cristi Puiu, e aventurámonos a afirmar que estas tres van levar algo, se non é a Palma. Aínda queda moito festival, pero logo dunha primeira morna xornada, o nivel está tan elevado... Ler máis

BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK

Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade e mesmo un melindre para a gran pantalla que debería terse moi en conta, sobre todo tendo autores... Ler máis