MISTÉRIOS DE LISBOA, de Raúl Ruiz

MISTÉRIOS DE RUIZ, MILAGRES DE LISBOA As misteriosas vidas de Pedro da Silva, Alberto de Magalhães ou do Padre Dinis revélanse en espiral, como un remuíño, ofrecendo máis preguntas que respostas e convertendo explicacións en digresións. Semellante dinámica fai de Mistérios de Lisboa (2011) un filme en fuga permanente onde os personaxes que semellan secundarios aparecen de súpeto como protagonistas da súa propia historia, nun movemento perpetuo, vital, que tende antes... Ler máis

MIA HANSEN-LØVE: «INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO»

Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis

Crónica 20 de novembro

Seis horas de autobús por carreteiras que semellan montañas rusas resultan demasiado para o meu estómago. Nin que Xixón fosen os Cárpatos. Eu, como bo cinéfilo, fun sempre máis de tren. Está a piques de comezar a sesión de Dark Horse, de Todd Solondz, no Teatro Jovellanos, e apuro os minutos para ver na pantalla dun bar como marcha o resultado das eleccións. Co 83% escrutado, o PP leva 187 escanos. Se Mariano quere, o ano que vén virei en AVE. Por que pagar voluntariamente... Ler máis

TOURNÉE, de Mathieu Amalric

Mathieu Amalric é un artista escindido: actor e director, francés e internacional, persoa e personaxe. A súa presenza en filmes de Arnaud Desplechin (Un conte de Noël, 2008; Rois et reine, 2004; Comme je me suis disputé… (ma vie sexuelle), 1996), Nicholas Klotz (La question humaine, 2007), Olivier Assayas (Fin août, début septembre, 1998) e mesmo Alain Resenais (Les herbes folles, 2009) situouno como o actor francés máis relevante da súa xeración, mentres que... Ler máis

CARLOS, de Olivier Assayas

XEOPOLÍTICA DO TERRORISMO E DA IMAXE TRANSNACIONAL ·  O ‘trans’ está de moda: transnacional, transxenérico, transmodernidade. Algo ‘trans’ é algo que vai ‘alén de’, un termo que inclúe e supera os conceptos sobre os que se apoia. Por iso, o ‘transnacional’ vai alén dunha única nacionalidade, e o ‘transmoderno’ é aquilo que procede da modernidade mais que tamén inclúe a postmodernidade. Vivimos nun tempo ‘trans’. Queremos daquela un cinema... Ler máis