Flee, de Jonas Poher Rasmussen

IDENTIDADE REPRIMIDA En 2008 un israelita chamado Ari Folman dirixía un filme documental de animación que cambiaría a forma na que percibimos o xénero. Ese título, Vals con Bashir, partía dunha serie de entrevistas e usaba os debuxos para reproducir aquilo que non era representable. Os sionistas fixeran esforzos por agochalo. Falamos da primeira guerra do Líbano, a inicios dos oitenta, e falamos de refuxiados palestinos. Esa obra probou que a animación pode, en efecto,... Ler máis

LÁSZLÓ NEMES: “O CINEMA DEBERÍA CUESTIONAR A PROPIA LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA”

László Nemes © Laokoon Filmgroup – Ildi Hermann Tralo éxito da súa rompedora ópera prima, O fillo de Saúl (2015), que se fixo co Gran Premio do Xurado no festival de Cannes e o premio Óscar á mellor película de fala non inglesa, o realizador húngaro László Nemes presentou durante o pasado festival de Venecia a súa segunda longametraxe: Atardecer (2018), outra cativadora obra mestra. Mentres que a alfombra vermella do Lido fervía co bulicio e a expectación,... Ler máis

Roma, de Alfonso Cuarón

“Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos”. ― Jorge Luis Borges Máis aló das sempre limitadas listaxes e innumerables rankings que intentan debullar o “mellor do ano”, resulta evidente que algúns filmes marcan de xeito especial unha colleita cinematográfica. Cando atopamos unha desas cintas que logra acadar ao mesmo tempo o beneplácito case unánime da crítica especializada, o éxito en festivais internacionais... Ler máis

DETROIT, de Kathryn Bigelow

Sempre tiven unha certa admiración polos directores que, dentro da industria, conseguen recortar un espazo de autor esquivando os clixés do cinema máis comercial. Na actualidade, Kathryn Bigelow é quizais unha das mellores expoñentes dese grupo. Ademais, é unha das poucas mulleres cineastas recoñecidas dentro da industria estadounidense contemporánea. É unha No-(Wo)Man’s Land[1]. De feito, foi a primeira muller, xa no ano 2010, en recibir un premio Óscar como directora. Da... Ler máis

CAROL, de Todd Haynes

Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da cultura popular e o seu interese militante por temáticas feministas e/ou queer. Amais, de momento,... Ler máis

FOXCATCHER, de Bennett Miller

Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher (Bennett Miller, 2014) entraría de cheo dentro dese pequeno inventario. O propio Bennett Miller... Ler máis

DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée

Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club (Jean-Marc Vallée, 2013), un filme de produción independente que por modesto e minimalista non pasaría... Ler máis

EN UN MUNDO MEJOR, de Susanne Bier

O DOBRE FRUXO DA DIDÁCTICA E A CULPA ·  Como ocorre en tantas ocasións, unha tradución do título orixinal, non tanto desafortunada coma si pouco atrevida (moral e comercialmente), conduce non só a unha importante perda de matices, senón tamén, e de modo máis grave, a un considerable desvío na primeirísima orientación cara a lectura do filme, tanto no seu conxunto como nas súas partes. Por tanto, poderiamos estar ante un modo, aínda inocente, de adulterar unha... Ler máis