LONDON FILM FESTIVAL 2014 (II / III): ISRAEL, O OUTRO COMO REFLEXO DUN MESMO

A nosa primeira crónica do London Film Festival xa anticipaba que o enfrontamento secular entre israelís e palestinos tivera unha importante presenza na programación deste ano: a metade da produción procedente de Israel detívose nesta cuestión, mentres que a outra metade concentrouse en temas menos candentes, deixando de lado este debate para mergullarse na vida cotián israelí. Este sería o caso de Gett – The Trial of Viviane Amsalem (Ronit & Shlomi Elkabetz, 2014),... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)

  É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis

LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy

23 de xaneiro de 1991. Unha data que marcará para sempre as vidas das familias protagonistas desta historia. Dúas familias separadas por unha fronteira case infranqueable, mais unidas por un vínculo moito máis forte. Joseph (Jules Sitruk) é xudeu e quere ser músico, Yacine (Mehdi Dehbi) é musulmán e soña con estudar medicina e construír un hospital na súa terra natal. Lorraine Lèvy pon de relevo o conflito palestino-israelí a través da historia de dous rapaces nados... Ler máis