BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (2/3)

Never Rarely Sometimes Always, de Eliza Hittman © Focus Features Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial da 70ª Berlinale. Never Rarely Sometimes Always, de Eliza Hittman, é unha desas estrañas experiencias transformadoras: unha invitación a observar algo cotián a través dunha perspectiva diferente. Unha desas ocasións nas que entras ao cine sen saber que esperar, e marchas sentindo que viches algo realmente... Ler máis

LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR

A Portuguesa (Rita Azevedo Gomes, 2018) O Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, na súa decimo novena edición, fíxose valedor daquelas películas e cineastas que sen deixar de narrar buscan novas formas de facelo. Películas conscientes de que todo filme é representación -e poden reflexionar sobre iso- pero que non deixan de crer no poder e na importancia das imaxes. Máis ou menos, neste equilibrio entre o cinema narrativo e o experimental estiveron... Ler máis