KLOTZ E PERCEVAL: “TOURNEUR SEMPRE NOS INFLUÍU”

Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval son dous vellos coñecidos deste xornalista, que puido entrevistalos por primeira vez en 2009 para Xornal de Galicia polo seu paso pola Coruña para unha retrospectiva no CGAI, pero tamén desta revista. En 2012 protagonizaron moi amablemente un dos primeiros vídeos dedicados a cineastas na sección Procesos, co motivo da presentación no festival de Xixón de Low Life (2011), película que recollía moi ben todo o descontento dunha xeración... Ler máis

Crónica 21 de novembro

Rápido. Rápido. Máis rápido. Son as palabras que se len na parede dunha piscina municipal, colocadas sobre as rúas, nunha das escenas centrais de Iceberg, do español Gabriel Velázquez, coa que vou espertando nesta miña segunda mañá no FIC Xixón. Son verbas que poderían aplicarse á secuencia inicial: a sombra dun coche que acelera por unha estrada ata saír de plano e estamparse contra algo para caer nun río. Despois, unha elipse, e vemos un rapaz solitario, xogando... Ler máis