OUFF 2017: O PERSOAL É POLÍTICO

Este lema feminista semella funcionar na programación da 22ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense coma unha sorte de declaración de intencións. Algúns dos filmes programados collen como bandeira estas palabras para debuxar historias crúas, cargadas de realismo, que nos sitúan contra as cordas como partícipes dunha sociedade caduca na que cómpre replantexarse os piares sobre os que construímos. Baronesa (Juliana Antunes, 2017) Como non podía ser doutra... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis

UN CANON PARA O CINEMA GALEGO

Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas do presente e do futuro? Calquera libro de historia do cinema responderá a estas preguntas cunha... Ler máis

VOTACIÓN FILMES GALEGOS

8 Puntos Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) 6 Puntos Galicia (Carlos Velo, 1936; remontaxe de Margarita Ledo, Ramiro Ledo e Pablo Cayuela, 2011) Mamasunción (Chano Piñeiro, 1984) Arraianos (Eloy Enciso, 2012)  5 Puntos Montaña en sombra (Lois Patiño, 2012) 4 Puntos O carro e o homen (Antonio Román, 1940; sonorización de Eloy Lozano, 1980) Paris #1 (Óliver Laxe, 2008) 3 Puntos 1977 (Peque Varela, 2007) Eclipse (Alberte Pagán, 2010) Todos vós sodes capitáns... Ler máis