FOGUEO, de David Sainz

“As películas non son estúpidas. Énchennos de romance e furia e fantasías de vinganza. Lethal Weapon ensinounos que o suicidio é divertido. E antes de Lethal Weapon 2 nunca pensara que podería haber unha bomba no meu retrete e agora comproboo sempre!” Homer Simpson, (‘Beyond Blunderdome’, Episodio 227 de The Simpsons) Pode semellar que comezar cunha cita de Homer Simpson é algo sacado da manga que tan só ten sentido para min. Mais Fogueo (David Sainz, 2017) bebe... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

INDIELISBOA 2015 (I/III): MIA E WHIT, OS HEROES

Félix de Givry, actor en ‘Eden’ e DJ, amenizou a noite lisboeta. Un ano máis, o Indielisboa volveu mostrar unha selección diversa, que abrangue todos os estilos do cinema independente. Da ficción máis ao uso, á que procura novas formas e se constrúe na rodaxe; do documental cos seus xéneros clásicos, ás propostas performativas máis en boga; mesmo houbo espazo para a animación máis experimental, e doutro tipo de técnicas – sen longas a destacar, iso... Ler máis

INHERENT VICE, de Paul Thomas Anderson

Hai dous realizadores anglosaxóns na actualidade que coas súas filmografías oscilantes entre o alternativo e o mainstream, pero definitivamente de autor, pugnan por ser dignos herdeiros de Stanley Kubrick (unha das súas principais influencias recoñecidas). Un deles sería Christopher Nolan, que toma do mestre o seu gusto polos high concepts, que desenvolve en complicados filmes-crebacabezas, e un estilo visual moi cinético e dependente da montaxe. O outro sería Paul Thomas... Ler máis

O PASADO: O ETERNO RETORNO DO MESMO

Reescrituras e apropiacións A cuestión das filiacións no cinema contemporáneo aparece como un problema fundamental, centro de tódolos debates. Moitos cineastas procuran os seus modelos de referencia en figuras do pasado tentando reactualizalas ou reescribíndoas: Olivier Assayas tentábao co serial Les Vampires (Louis Feuillade, 1915) en Irma Vep (Olivier Assayas, 1996), o xaponés Nobuhiro Suwa facía o propio con Hiroshima mon amour (Alain Resnais, 1959) en H Story (Nobuhiro... Ler máis