RITA AZEVEDO GOMES: “TODO É COMPOSICIÓN”

Rita Azevedo Gomes (Lisboa, 1952) é unha das máis grandes directoras da cinematografía portuguesa. As súas imaxes, sempre extraordinariamente compostas, mergúllanse na realidade a través do artificio, mostran o presente a partir do pasado e, desde a literatura e o teatro, exploran novos camiños para o cine contemporáneo. Recentemente Azevedo estreou A portuguesa, que gañou a Lady Harimaguada de Ouro, o máximo galardón do Festival de Las Palmas. Aproveitamos o acontecemento... Ler máis

TRINTA LUMES, de Diana Toucedo

Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis

SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis

SOBRE O NEW TURKISH CINEMA

A recente transformación da sociedade turca baséase na loita entre varias forzas e intereses. O discurso e a práctica política de Turquía caracterízanse pola polarización, o antagonismo, a normalización da violencia e os nacionalismos étnicos (turcos e kurdos). Ao mesmo tempo este período foi testigo da proliferación de organizacións políticas en contra da militarización, os nacionalismos e contra tódolos tipos de discriminación. O goberno foi desafiado por novos... Ler máis

UN LUSTRO DE CINEMA

Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis

2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO

A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis