EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron

Fáiseme imposible falar de Eroski Paraíso, a película, sen tocar o persoal. Así que isto, máis que unha crítica, é un comentario que nace do íntimo. Do interior cara o exterior. De forma transparente como se nos conta o filme: deixando ver o esqueleto. Eroski Paraíso (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere, recrea o escenario e o proceso de rodaxe da película que Alex (Cris Iglesias) quere facer sobre... Ler máis