O MELLOR DE 2016

1. Carol (Todd Haynes, Reino Unido / EUA / Australia, 2015) – 70 puntos / 9 votos 2. O Ornitólogo (João Pedro Rodrigues, Portugal / Francia / Brasil, 2016) – 50/8 3. La mort de Louis XIV (Albert Serra, Portugal / Francia / España, 2016) – 42/6 4. Paterson (Jim Jarmusch, EUA / Alemaña / Francia, 2016) – 31/4 5. Toni Erdmann (Maren Ade, Alemaña, 2016) – 29/4 6. Arrival (Denis Villeneuve, EUA , 2016) – 28/3 7. 山河故人 (Mountains May... Ler máis

ELLE, de Paul Verhoeven

Elle (Paul Verhoeven, 2016) A imaxe coa que o autor neerlandés Paul Verhoeven abre a súa última película (ata o momento), Elle, resulta bastante significativa en canto ao que este nos quere contar e como desexa facelo. Tralo fundido a negro dos títulos de crédito vemos, sen solución de continuidade, os momentos finais dunha violación e, posteriormente, trala fuxida do agresor, a reacción da vítima que, sorprendentemente tranquila, recompón as súas roupas e fai limpeza... Ler máis

SAN SEBASTIÁN (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2)

III. PERLAS Ao reunir cada ano unha colección de títulos que xa chegan de Cannes, Berlín ou Venecia coa vitola de seren as citas máis importantes do ano cinematográfico, a maioría con estrea nos meses sucesivos asegurado, a sección de Perlas tende a acaparar en tódalas edicións varias das películas máis destacadas de San Sebastián. Hai incluso casos –L’avenir ou Neruda na presente edición- nos que apenas uns poucos días median entre o pase donostiarra e... Ler máis

CANNES DÍA 11: A VOLTA DO VERHOEVEN MÁIS PERVERSO

Hai quen di que O libro negro (2006) supuxo o aburguesamento de Paul Verhoeven logo de 30 anos en Holanda e Hollywood facendo filmes claramente controvertidos e desprexuízados, por momentos considerados mesmo fascistas, coma o caso de Starship Troopers (1997), ou frívolos, como a agora película de culto Showgirls (1995). A filmografía deste director sempre tivo a mesma preocupación, estudar a condición humana no que se refire aos nosos instintos máis básicos, como a posesión... Ler máis

CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS

Non é que o festival de Cannes se caracterizase nos últimos anos, polo menos na súa sección oficial, polo descubrimento de novos nomes, de grandes autores que estean a redefinir a linguaxe cinematográfica. Os irmáns Dardenne, Ken Loach ou Pedro Almodóvar desta edición podiamos atopalos hai xa un par de décadas, e seguirán a estar ata que deixen de facer cinema. Asistir ao anuncio da sección oficial cada ano supón o comentario dunha crónica anunciada. Unha que, na... Ler máis

INDIELISBOA 2016: SR. CORVO E FAMILIA

Achegarse cada ano ao IndieLisboa supón descubrir o cinema independente máis fresco e diverso da tempada. Entre a sección oficial, todo o apoio ao cinema patrio, o programa competitivo máis audaz ‘Silvestre’, as retrospectivas (Paul Verhoeven, Vincent Macaigne e Jean-Gabriel Périot este ano, nada máis e nada menos) e ciclos paralelos, no que brillou nesta ocasión Director’s Cut, o certame remata por ser un dos máis nutridos e relevantes de Europa. Lisboa... Ler máis