NOS DÉFAITES, DE JEAN-GABRIEL PÉRIOT

PEDAGOXÍA FÍLMICA REVOLUCIONARIA Hai quen pensamos que algo non vai ben na Quinta República Francesa. Un réxime un pouco caduco cun taboleiro político que treme decotío: un día son os chalecos amarelos, outro a cíclica insurrección de banlieu, ou o baile de apoios a novos ou renovados partidos en cada elección (véxase agora os Verdes, antes Macron, por momentos a Fronte – perdón, Agrupación – Nacional de Marine Le Pen). Con todo, os franceses aínda poden presumir... Ler máis

DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

APPROACHING THE ELEPHANT, de Amanda Rose Wilder

Non pode existir a educación libre, porque se deixades a un neno ceibo non o educaredes. Gilbert Keith Chesterton A contundencia das palabras de Chesterton choca co enfoque que durante case un século foi a base dunha educación desprovista dos patróns dogmáticos e disciplinarios nos que se sustenta a educación convencional, como é o caso das escolas libertarias. Estas propoñen dar liberdade aos nenos para que expresen a súa creatividade e individualidade con actividades... Ler máis