Jonathan Rosenbaum: “O bo cinema ensínache como vivir” (1/2)

“A filmoteca está xusto ao final desta rúa, verdade?” Así é. O meu acompañante oriéntase ben. Saímos do Museo Reina Sofía e parámonos nunha terraza na rúa de Santa Isabel. Aínda que fai 11 anos que non visita Madrid, sitúa perfectamente os principais museos e institucións do centro da capital. “Adoitaba ficar por esta zona, por iso a coñezo; Carlos Heredero convidoume antes de fundar Caimán. Cuadernos de Cine e foi un gran guía. A miña intención... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (II/II)

Esta crónica é a segunda parte da que publicamos aquí. Soon-Mi Yoo logra en ‘Songs From the North’ trazar un interesante retrato de Corea do Norte mediante imaxes de arquivo. Historias en minúscula Esa vontade de repasar a historia en maiúsculas está aínda noutros filmes da selección, mais dende o persoal, unha sorte de metáfora do eu. Como xa mencionaramos na crónica do FID Marseille, Marie Voignier realiza en Tourisme international (2014) unha visita a... Ler máis