A MELANCOLÍA DO SILENCIO E A IMPOSÍBEL RENUNCIA POSTMODERNA Á VOZ

Na ansia de ver nacer novas imaxes da vella factura fermosa do cinema silente, acudía impenitentemente ás salas. Agora a La Antena (Esteban Sapir, 2007), logo a The Artist (Michel Hazanavicius, 2011), aínda sen convencerme da imposibilidade, sentábame a ver Blancanieves (Pablo Berger, 2012), e mesmo despois Tabu (Miguel Gomes, 2012). E filme tras filme saía sen atopar nin a densidade nin a solidez rexa daqueloutras imaxes. E pensaba, como considerar que a (retro)técnica... Ler máis

O XIGANTE DA CAPITAL

O Festival Documenta Madrid forma sen dúbida, canda o Punto de Vista de Pamplona e o Doc Lisboa, a tríada de grandes acontecementos documentários da península, co permiso do Play-Doc galego. Ese circuíto, que se amplía cara Europa co FID Marseille, o Cinéma du Réel de Paris e a Viennale entroutros eventos, dálle visibilidade cada tempada a un feixe de títulos que permiten repensar a relación entre o cinema e o real amais de rescatar un canon sempre fuxidío: de non... Ler máis