HAMADA, de Eloy Domínguez Serén

Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención de documentar ese espazo misterioso e rutineiro que é a noite para un empregado dunha gasolineira. En... Ler máis

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2018: CINEMA ALÉN DA SECCIÓN OFICIAL

Game girls (Alina Skrzeszewsk, 2018) Non todo é Sección Oficial no Festival Internacional de Cine de Xixón, así, tamén sobresae a calidade das obras amosadas dentro das diferentes seccións. Este é, pois, un percorrido por algúns dos filmes máis destacables desta edición de 2018.  Sobresale especialmente Game Girls, de Alina Skrzeszewska, que se fixo co premio CIMA á Mellor Película. Este documental retrata a dúas mulleres afroamericanas homosexuais, Teri e Tiahba,... Ler máis

PROCESOS#21 – ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquelo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar a Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde Pettring. Viaxa, indaga, aprende e tamén ensina. Filma a única hora de luz que os habitantes de Fauske... Ler máis

SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA

Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013) como mellores ficción e documental respectivamente, da sección Las Nuevas Olas, volven dar na... Ler máis