PUNTO DE VISTA 2019: DOS UNS PARA OS OUTROS

1. “Aposto pola arte que facemos, os uns para os outros, como amigos”. A cita do lembrado Jonas Mekas coa que Garbiñe Ortega, directora artística de Punto de Vista, abría o programa do festival pamplonés no seu segundo ano á fronte do mesmo, non puido erixirse como un acompañamento máis oportuno para a súa décimo terceira edición, toda unha declaración de intencións por enriba do necesario entrecomillado ao mestre. Porque esta cita non só se sumou ás numerosas... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2017 (I): ZABALTEGI/TABAKALERA

No noso balance do pasado Festival de San Sebastián, publicado neste enlace, incidíamos xustamente na pervivencia de varios vicios adquiridos ao longo dos anos de extensa programación. O baixísimo nivel sistemático da Sección Oficial, a miúdo rechea con saldos chamados a esfumarse de calquera circulación en poucos meses, facía pensar nun inmobilismo atroz por parte do comité de selección, máis preocupado de non molestar demasiado ao persoal que de incluír títulos... Ler máis

CINEMA E CICLISMO. CUESTIÓN DE RITMO

O intre máis emocionante do pasado Tour de Francia non foron as alancadas de Chris Froome deixando atrás ao seu compañeiro Bradley Wiggins, nin os ataques de Vincenzo Nibali na montaña, nin sequera as vitorias dos ciclistas murcianos Luis León Sánchez e Alejandro Valverde. Alén dos resultados, houbo un intre máxico na etapa que rematou en Foix, antes sequera dos pinchazos masivos baixando o Mur de Péguère, no que en plena ascensión dese porto, coa carreira mergullada... Ler máis