EROS E THANATOS

Un repaso a algunhas películas contemporáneas con motivo da estrea de Restless Así tu muerte despierta en mí el deseo de la muerte como tu vida despertaba en mí el deseo de vida Luis Cernuda1 “Eros e Thanatos- este é un arquetipo ancestral2” dicía Cesare Pavesse ao final do seu diario. E é que a morte apareceu na cultura occidental moitas veces como a meta da paixón suprema, os amores de parellas como Tristán e Isolda; Romeo e Xulieta; Eneas e Dido; Calisto e Melibea;... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis