O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE

Aos seus cincuenta e un anos, Thierry (Vincent Lindon) leva vinte meses en paro. En La loi du marché (Stéphane Brizé, 2015) acompañámolo na súa procura de emprego e nos seus esforzos por manter unha vida familiar malia as circunstancias. Cando por fin aparece o traballo, é para desvelar un mundo laboral rexido polo medo: a ameaza constante do paro pon a proba non só a competencia do traballador, senón os límites da súa ética. Thierry descubrirá así que a súa función... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 6: CHAMANDO AS COUSAS POLO SEU NOME

Imaxinemos un mundo fantástico no que as persoas se comportan como verdadeiros seres humanos, non faltos de picaresca, pero limpos de prexuízos. Iso é Le Havre, a última xenialidade do finlandés Aki Kaurismäki. O realizador decántase polo retro para achegarse a un problema contemporáneo e retratar a esta santa comunidade que se preocupa polo próximo. Faino utilizando pequenos detalles coma un reloxo, un teléfono ou un tocadiscos, e rescatando do seu álbum de discos... Ler máis