DIANA TOUCEDO: “QUERÍA QUE A CÁMARA FOSE UNHA PERSONAXE MÁIS, QUE VIVISE DESDE DENTRO A HISTORIA”

A directora Diana Toucedo presentou a súa primeira longa, Trinta Lumes, no Play-Doc 2018. Despois da boa acollida en diversos festivais de importancia coma o Festival de Málaga e a Berlinale, Play-Doc sumábase ás citas onde o filme de Toucedo saía con boas críticas. Falamos coa directora sobre o proceso de creación, as influencias culturais e máis. Xa tes traxectoria gravando en Galicia. Como xorde a idea de gravar no Courel? Levaba dez anos en Barcelona e alí aprendín... Ler máis

TERRA FRANCA, de Leonor Teles

A primeira longametraxe de Leonor Teles (1992) retrata con delicadeza o día a día de Albertino Lobo, un pescador que faena no municipio de Vila Franca de Xira, lugar natal da directora a beiras do Texo. Ao abrir cunha intensa xornada de traballo á vella usanza, envolvendo a súa figura solitaria na paisaxe fluvial mediante unha fermosa fotografía nocturna, todo fai presaxiar un achegamento clásico a esa figura masculina tradicional, alicerce dun fogar humilde cuxa subsistencia... Ler máis