Novos Cinemas 2020: Sección Oficial

l n’ y aura plus de nuit, de Eléonore Weber © Perspectivefilms O Festival Novos Cinemas de Pontevedra volveu demostrar coa súa quinta edición porque segue sendo unha das nosas citas imprescindibles. Se o ano pasado defendíamos a importancia dos festivais pequenos ante o modelo (moitas veces fagocitario) dos grandes eventos, nesta ocasión volvemos sacar o chapeu ante a resiliencia amosada por un festival que, nun ano como o que vimos de pechar, foi quen de celebrarse... Ler máis

NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS

Fotografía: David Cruces Desde o seu nacemento hai catro edicións ata hoxe, Novos Cinemas consolidouse como un festival onde o amor polo cinema traspasa as pantallas. O equipo de programación, conformado por Suso Novás e Ángel Santos, escolle con coidado unha selección de primeiras ou segundas longametraxes para dar conta do que foi o ano. Unha selección que, aínda que involuntariamente, fala entre si sobre crises existenciais, crises amorosas, o colonialismo do turismo,... Ler máis

VER A ESCURIDADE, ESCOITAR O SILENCIO: O CINE MINIMALISTA DE BAS DEVOS

Ghost Tropic (2019) Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Cinco anos despois de presentar o seu prometedor debut en formato longo, Violet (2014), Bas Devos volveu ao circuíto de festivais estreando non unha, senón dúas novas longametraxes este ano. Nun lapso de apenas tres meses, a súa cinta Hellhole (2019) formou parte da sección Panorama durante a pasada Berlinale, mentres que Ghost Tropic (2019) foi presentada en Cannes. Un logro destas características... Ler máis

SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis

ÁLVARO LARRIBA: “O QUE QUERÍA EN PRINCIPIO ERA ENSINAR O QUE HABÍA DETRÁS DO LICEO, QUE SON AS PERSOAS”

Creo que Mutantes (2017), o primeiro filme de Álvaro Larriba, é unha película importante polo que documenta e por como o fai. É certo que eu tampouco son obxectivo: emocióname ver unha película que rexistra o traballo do Liceo Mutante porque é probablemente o meu lugar favorito do mundo e sempre que vou volvo cheo de felicidade, inspiración e fe na humanidade. Toquei alí, durmín alí, debo estar entre o público nalgún dos concertos que aparecen na película e vexo... Ler máis

A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

MISS LEDYIA, de José Gil

O pasado 4 de marzo, o Teatro Principal de Pontevedra acolleu o 100 aniversario de Miss Ledyia, primeira película de ficción galega, rodada no 1916 por José Gil. Un século atrás, tamén na cidade de Pontevedra, a equipa da película inauguraba unha nova senda da cultura galega na que os éxitos e a fama internacional chegaría cos anos posteriores. O presidente da Academia Galega do Audiovisual Carlos Ares, rodeado pola habitual comitiva de autoridades que acompañan a este... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS

Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis